Unha pinga viaxeira

Un dragón no meu xardín
16/05/2014

Unha pinga viaxeira

2º Premio de Narrativa do 2º Ciclo de Primaria, co relato: “Unha pinga viaxeira”, no Certame Literario 2013. Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP PENA DE FRANCIA (Tameiga – Mos – Pontevedra)

  14 de maio de 2013

 

Unha pinga viaxeira

 

Había unha vez, unha pinga moi divertida e pequeniña, que vivía nunha nube que era onde había un pobo de pingas. Era unha nube moi grande que se chamaba “Pinganoaire”. A nosa amiga chamábase Gotiña. Gotiña era moi viaxeira e sempre quería explorar o bosque prohibido. Era un bosque que ninguén cruzara, e os que o cruzaban non voltaban nunca. Ela sempre que tiña unha ocasión, escapaba ao bosque. No colexio, na casa, no parque… Pero hoxe foi o día. Hoxe no colexio era un día normal e corrente. Volveu á casa e comeu. Fixo os deberes e chamou aos seus dous mellores amigos, Auga e Pingueira, e quedaron no parque. Gotiña, á súa nai díxolle que quedaba no parque cos amigos. 

Chegou ao parque, e buscou aos seus amigos, e cando ninguén miraba, entraron no bosque. Dentro todo estaba moi escuro, con morcegos, arañas e árbores secas.

De súpeto un ruído asustounos.

Pingueira dixo:

– Non sería mellor marchar?

Auga e Gotiña dixeron:

– Sí, será mellor!

Correndo foron á saída, pero as árbores non os deixaron pasar.

Auga dixo:

– E agora, que facemos?

E Gotiña dixo:

– Teremos que seguir.

Entón Pingueira botouse a chorar. Os amigos tranquilizárona e seguiron.

De súpeto escoitaron outro ruído e escondéronse. Viron unha gota encapuchada cortando as árbores e Gotiña dixo:

– Para que quererá estas árbores?

– Non sei.

E cando a gota se foi, eles saíron do seu escondite.

Pingueira dixo:

– Temos que axudalos.

Auga e Gotiña dixeron:

– É verdade temos que axudalos.

E de súpeto, apareceu unha fada e díxolles:

– Vós sodes os elixidos, tedes que axudarnos. Direivos como. Primeiro tedes que atopar a perla máxica. Despois tedes que deixala no corazón do bosque, e todo se arranxará.

Eles non sabían onde estaba pero… Pero vírona alí, estaba nunha cova, collérona e… Onde estaría o corazón do bosque?

Empezaron a andar e andar, e viron unha árbore vella e tombáronse nela. 

A perla empezou a brillar. Encontraran o corazón do bosque! E entón todo empezou a revivir, as arañas covertéronse en bolboretas e todo cambiou.

Saíron do bosque e contárono todo, e por iso estádelo a ler. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *