Primeira finalista na categoría de Microrrelato Xuvenil do II Cocurso de Relatos organizado polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, baixo o lema “O Outono nas Illas”, co meu relato: “Unha lenda descoñecida”. Entrega de premios o día 15 de xuño do 2016 as 19:00′ no centro de visitantes das Illas Atlánticas de Galicia, Rua Oliva 2 en Vigo.
Dise que nas Illas Ons atópase O Buraco do Inferno, moitas persoas vírono pero case ningunha puido observar ao seu gardián O Touro dos Cornos de Ouro, que é o encargado de vixiar as almas que sofren tormento polos seus pecados.
Un día de treboada ao pasar por alí, para a miña sorpresa non escoitei ás almas que se lamentaban, só escoitei as súas risas. As almas fuxiran! Como puido ocorrer? Que lle pasaría ao Touro?
Fun a buscar axuda aos pousadouros onde se atopaban todos os meus compañeiros. Fun directamente ao carón do corvo mariño máis vello e sabio Aristotelis e conteille o sucedido. E díxome:
– Non me dera conta, hoxe é o último día de outono, dun ano bisiesto, que cadra con lúa vermella e tamén caeu a última folla do cerquiño que está á beira do Buraco do Inferno, dentro del! Hai que darse présa e conseguir invocar a Fada de Ouro.
– Pero que pasou? Por que O Touro non controla as almas?
– O día que coinciden estas circunstancias O Touro dórmese, e hai que invocar a Fada de Ouro para que o esperte.
Despois marchou voando e trouxo de volta unha folla escrita no seu pico coas plantas que necesitábamos atopar: Linaria Arenaria, Herba de Namorar, Caramiña, Xesta e Madreselva. Non foi doado atopar as plantas, xa que estaban escondidas e espalladas polos Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. O mellor era que cando atopábamos unha Aristotelis dicía unhas palabras máxicas e unha pequena fada aparecía. Todas elas acompañáronnos ata O Buraco do Inferno, e alí puxéronse ao redor del, pecharon os ollos e apareceu unha fada máis grande no medio do círculo que descendeu ata o seu fondo. Despois O Touro dos Cornos de Ouro espertou e saíu cabalgando ao redor de toda a Illa ata atopar a todas as almas e meterse el xunto con elas no Buraco do Inferno, e é alí onde permanecen ata agora.