Un dragón no meu xardín

Unha pinga viaxeira
14/05/2013
O diario da imaxinación
06/08/2014

Un dragón no meu xardín

1º Premio de Narrativa do 2º Ciclo de Primaria, co relato: “Un dragón no meu xardín”, no Certame Literario 2014. Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP PENA DE FRANCIA (Tameiga – Mos – Pontevedra)

16 de maio de 2014

 

Un dragón no meu xardín

 

Hoxe tiven que recordar, aquela máxica viaxe, ou como algúns din, aquel máxico sono a un lugar, un lugar nos confíns do universo, tan máxico, pero á vez tan real, ao que todos podemos viaxar. Só hai que facer unha cousa, tan sinxela pero tan complicada: Imaxinar! Que a túa imaxinación non teña límites, acompáñame, eu axudareite: a que imaxines, a divertirte, a facer o que ti e a túa imaxinación sean capaces.

Era un día sinxelo e tranquilo. No colexio puxéronnos moitos deberes e tres exames. Cando cheguei á casa, no meu pequeno xardín saía un pequeno lume, pensei: 

– Será a miña imaxinación que quere entreterme para non facer os deberes.

Fixen todos os deberes, pero aínda tiña que estudar e para desconectar, fun a estudar no xardín. Cando cheguei volvín ver aquel lume, e esta vez fun a ver que pasaba. Era real!, toqueino e queimeime, intentei apagalo cun caldeiro de auga, pero só escoitei un gruñido.

Empecei a escavar para ver que pasaba e de súpeto caín e aparecín nun lugar cheo de plantas, animais voadores… Que eran… eran dragóns! E eu estaba enriba dun deles, sorprendinme moito, pero máis cando me dixo:

– Ti es Coset?

Eu respondín:

– Si, son eu, pero como podes falar?, e como caín no burato se só me collía un pé?, e ademáis, para que queres saber se son eu?

-O “Dragonolus”, que é un aparello fantástico, di que ti es a primeira Princesa dos dragóns. Ademais estás en “Dragafán”, a cidade subterránea onde habitan os dragóns. Pero o malo é que temos primeiro que rescatar o Príncipe.

Eu dixen:

– Pero é un dragón ou un rapaz como eu?

– É un rapaz-dragón, porque se converteu nun dragón ao ser Prícipe.

– Entón eu non quero ser Princesa.

– Pero polo menos axúdanos a rescatar o Príncipe.

Eu accedín. Fomos ao palacio e comemos. Mañá tiñamos que ir ao Castelo dás Bruxas para rescatar ao Príncipe.

– Levántate!, xa é de día. -Díxome unha pequena dragonciña, que era a filla do dragón que coñecín primeiro, chamado Fogo e a súa filla Lumiña.

Xa estabamos no Castelo das Bruxas, disfraceime dunha delas e entrei.

Cando a bruxa xefe me viu, díxome que fose a darlle a comida ao Príncipe. Eu collín a comida e cando a bruxa se foi aos seus apousentos, eu collín as chaves. Subín vinte e sete pisos, cos seus vinte e oito escalóns cada un, abrinlle a cela ao Príncipe, pero o morcego, mascota da bruxa, pillounos e deu a voz de alarma. 

Todas as bruxas empezaron a lanzar feitizos por alí e por alá. Ao final desapareceu o Castelo. Pero o Príncipe empezou a voar e colleume antes de que me esmagase contra o chan.

Cando chegamos ao Palacio, o Príncipe díxome que se quería ser a súa Princesa. Pero eu non accedín, xa tiña un pobo onde me querían e un Colexio con moitos amigos e amigas. O que si estou segura, é que en “Dragafán” tamén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *