O diario da imaxinación

Un dragón no meu xardín
16/05/2014
La Voz de Galicia – 06 de agosto do 2014
06/08/2014

O diario da imaxinación

(Para a 15ª Edición dos Relatos de Verán das Páxinas Literarias de La Voz de Galicia 2.014)

(Relato publicado en: La Voz de Galicia, con data 06 de agosto do 2014)

             http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/08/06/diario-da-imaxinacion/0003_201408G6P289913.htm

 

O diario da imaxinación

 

Fai non moito tempo, existiron unhas persoas que pretendían quitarnos algo moi especial, o poder da imaxinación. Pero unha nena conseguiu que non o fixeran.

Facíano así:

Tiñan un libro máxico que lían o que poñía nel cunha xerra de auga na man, e a auga, cando acababan de ler o conxuro, conseguía que ao botarcha pola cabeza, se che fose a imaxinación e caía nas súas mans.

A nena ao decatarse púxose a pensar e a pensar. Despois dun anaco pensando xa tiña unha idea.

Foi ao lugar onde se agrupaban os ladróns da imaxinación, así os chamaba, e cando non miraban, colleu o libro e se puxo a buscar un feitizo que fixese o contrario. Pero de súpeto o que mandaba pillouna, e ela como non sabía que facer, deulle co libro na cabeza. Nese instante o libro quedouse en branco e a persoa desapareceu.

As persoas que formaban o grupo de ladróns, resultaba que eran persoas ás que lle roubaran a imaxinación, e ao non haber libro, todos recuperamos a nosa imaxinación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *