Detrás das follas

A maleta de Dic
21/02/2015
E ti, podes voar?
09/08/2015

Detrás das follas

Participou de forma destacada no Certame Literario do curso 2014-2015

Organizado polo:

Equipo de Normalización da Lingua Galega

do:

CEIP PENA DE FRANCIA

(Mos)

(15-05-2015)

 

 

 Detrás das follas

 

Pasando un río, que vai polo val entre dúas montañas, nun bosque descoñecido, nun pobo non tan descoñecido, vivía unha grande árbore milenaria, que sobrevivira a moitísimas cousas, como á II Guerra Mundial.

Despois de saír do colexio, polo camiño que vai á casa de Leti, unha nena moi amable e boa, oíase como ela ía correndo cara á súa casa. Cando chegou, abriu a porta moi á présa e foi ao lado do seu can Tofu, que estaba moi enfermo. E cando o foi a acariñar, decatouse que estaba morto. A súa nai, que a estaba a observar, viu como Leti colleu a Tofu, e mentres choraba, lle dicía:

– Podes estar moi lonxe, pero sempre estaremos unidos pola túa correa.

A nai de Leti, foi ao lado dela para intentar animala. Pero Leti saíu correndo, e entrou nun bosque que non coñecía. Pasou por un río que había nun val entre dúas montañas, e chegou a un lugar onde había unha grande árbore, e alí sentouse. Caeulle unha folla á árbore, e Leti colleuna con coidado. Nese momento unha pequena fada púxose ao seu carón e díxolle:

– Leti, non chores, eu sei o que che pasou, e é moi triste, pero Tofu sempre estará aquí.

E rematou a frase sinalando o seu corazón.

Nese momento, saíron varias fadas e elfos, duendes e moitos seres máxicos máis…

Leti colleulle moito cariño á árbore, e a todos os seus novos amigos máxicos. Pero un día cando chegaba do colexio, viu un anuncio que dicía que no lugar onde estaba a árbore, ían construír un centro comercial. Leti foi á súa casa, e despois a ver o alcalde, e díxolle que non podía facer o centro comercial alí. Pero o alcalde quería explicacións que Letia non podía dar. Ese día a árbore falou e díxolle a Leti:

– “Toma esta ramiña, cando se converta nun lapis, estarei morto, e con el poderás escribir a miña historia”.

E ao final, o que acabou coa árbore, non foi unha guerra, senón as máquinas de construción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *