Carta desde o futuro

Axenda cultural AELG – 29 de decembro do 2015
29/12/2015
Micro Cuentos – III Concurso Internacional
15/03/2016

Carta desde o futuro

(Editado en castelán)

Con “Carta desde el futuro”, fun seleccionada con 30 participantes máis, para formar parte das 80 páxinas da antoloxía:

Micro Cuentos

III CONCURSO INTERNACIONAL

de

Ediciones de Letras

 

Carta desde o futuro

 

Eu do presente

02-09-2050

10h 44’ 00”

N 40º 28’ 4.5372”

2 de septembro do 2050

W 3º 34’ 9.138”

 

Eu do pasado

02-09-2015

10h 44’ 00”

 

Querida eu:

Primeiro, feliz aniversario, eu xa estou a gozar do meu, voucho a contar. Todo foi así. Cando me levantei sooume unha “we speakapp”, a nova app que se substituíu polo “whatsapp”, pensei, “nin un sábado podo estar tranquila”, xa que no colexio onde traballo, son unha profesora moi solicitada, pero pensándoo mellor escoiteino, era dos nosos pais:

–Ven á cabina de transportación no tempo (CdTnT). Pero tes que estar aquí antes das 10:30′.

Eu rápida como un raio, prepareime e fun ata a CdTnT, na que me esperaban os nosos pais.

Contáronme  que de agasallo visitaría un lugar especial, e que cando me sentase na cápsula do tempo xa o sabería todo.

Eu estaba alucinando, estrearía a CdTnT, como agasallo de aniversario!

Déronme o billete, e entrei na cápsula. Nos asentos da beira, estaban Aroa, Naiara, Carla A. e Antía, que me contaron onde iría. Aroa deume un lapis, e Naiara un papel, e eu escribín esta carta, que metín nunha caixa de correos aerolixeiro para que me chegase a min con once anos.

Bicos, que pronto che poderei dar eu en persoa.

 

Yo del futuro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *