Boas noites

Diario de Pontevedra – 28 de xuño do 2016
28/06/2016
La Voz de Galicia – 15 de agosto do 2016
15/08/2016

Boas noites

(Para a 17ª Edición dos Relatos de Verán das

Páxinas Literarias de La Voz de Galicia 2016)

(Relato publicado en: La Voz de Galicia, con data 15 de agosto do 2016)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2016/08/15/span-langglboas-noitesspan/0003_201608G15P25992.htm

(Acadando o 1º premio na categoría de menores de 16 anos por segundo ano consecutivo)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/literatura/2016/10/26/pedro-feal-maria-calvar-ganadores-concurso-relatos-veran-2016/0003_201610G26P38991.htm

 

Boas noites

 

Dise que existe un mundo descoñecido flotando nas nubes. En cada nube hai un pobo, en cada pobo hai unha morea de habitantes que ninguén coñece. Algúns pensan que son as pingas de auga, outros din que son os anxos, por non falar dos que pensan que as nubes son unha masa visible suspendida na atmosfera, de cor e densidade variables… e din con orgullo que non hai nada nelas, que é só iso, unha acumulación de partículas.

Eu  teño a miña propia teoría, e tamén estou orgullosa do que penso. Unha nube é un soño, os soños bonitos, os que aínda lembras cando espertas e gustaríache que o tempo se parase ata que ese soño fermoso e agarimoso rematase, e o espertador faga que abras os ollos.

Os nubarróns escuros son os pesadelos, por iso é bo ter unha cheminea, así saen voando por ela.

Cando hai néboa, é que alguén preto de ti está a soñar esperto.

Nas nubes habitan os sorrisos que botas sen decatarte, cando espertas con aquel soño tan fermoso na mente. Tamén viven nelas, os choros de cando tes un pesadelo, os bicos dos teus pais na fronte para facercho esquecer, as palabras de alguén dicíndote:

Que! Estás a durmir? Esperta!.

E tamén, as boas noites.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *