Relato para o:
III Certame de Relato Curto da Fampa de Pontevedra
(bases en: www.nontedurmas.org)
(Non sendo seleccionado polo xurado entre os 40 mellores)
Fai non moito tempo, un neno chamado Dic, mercou unha maleta. Era unha maleta moi bonita, azul e con debuxos de balóns de fútbol, que era o deporte que máis lle gustaba a Dic. El necesitaba a maleta para ir a música, el tocaba a batería, era todo un experto, e por iso necesitaba unha maleta para gardar as súas baquetas, que tiña moitas.
O primeiro día que estreou a maleta, todo foi ben. E ese mesmo día o seu profesor díxolle:
-Dic, dentro dunha semana, tocarás a batería no concerto que imos facer aquí o luns. Tocarás ti só, esta peza, que para ti está chupada.
-Que ilusión! profe. Voume poñer a ensaiar, tan pronto chegue á miña casa. -Dixo Dic.
-Moi ben, pois xa podes marchar, que xa rematou a clase. -Contestoulle o profesor.
O día da actuación, cando xa pasara unha semana, Dic xa estaba preparado. Chegou ao concerto antes que os seus compañeiros. Pero cando ía coller as baquetas, non estaban, non aparecían por ningures.
Dic falou coa maleta, porque como estaba tan desesperado, non podía pensar.
– Maleta, por favor, podías facer que aparecesen aquí as miñas baquetas?
E desupeto apareceron alí, dentro da maleta. E Dic exclamou:
-Que sorte teño, teño unha maleta máxica no meu poder!
E así, a maleta acompaña a Dic a todas as partes, e cando se lle esquece algo, só ten que pedirllo á súa maleta, e aparece. Pero a maleta non é o obxecto máxico de ninguén, por iso ás veces, enfádase con Dic, por non lle pedir as cousas, senón ordenarllas, e non llas dá. E así Dic, tamén aprendeu a ser educado, pedindo as cousas, cunha palabra máxica: por favor.