A miña árbore bombeira

Concello de Ames – 08 de maio do 2018
08/05/2018
A ledicia nuns xeados
27/08/2018

A miña árbore bombeira

Premio otorgado en lingua galega

Segunda clasificada na modalidade de narrativa e na categoría de ata 13 anos,

no XV Certame Literario de narrativa e poesía do Concello de Ames,

co conto:

A miña árbore bombeira

Os premios entregáronse o día 16 de maio do 2018 na

Casa da Cultura do Milladoiro

http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=16496&idioma=gl&sec=32

http://www.concellodeames.gal/media/documentos/premiad@s_certame_literario_2018.pdf

 

A miña árbore bombeira

Fai moito tempo nunha mañá de calor, un pai e unha nai plantaron un xoven carballo no xardín da súa casa. Preto deles, durmindo tranquilamente no seu carriño de bebé, atopábase un pequeno meniño que tiña tan só un día.

Deste xeito a árbore e o neno naceron na mesma data, no 21 de agosto do 2003.

O neno e o carballo creceron sans e fortes. Todos os aniversarios do meniño celebrábanse baixo a sombra daquela árbore tan especial que cumpría anos do mesmo xeito ca el. E cando todos os amigos e familiares marchaban da casa, xa cara á tardiña, os tres membros da familia colocábanse xunto á árbore e facían unha fotografía os catro xuntos para ter un recordo daquel gran aniversario.

Ao neno encantáballe xogar ao fútbol no xardín, sempre á carón do seu amigo carballo.

Cando por fin aprendeu a ler, pasaba as tardes enteiras sentado baixo a sombra da árbore coas costas apoiadas no seu tronco rugoso e cun libro nas súas mans.

O neno e a árbore creceron xuntos, aprenderon xuntos e protexéronse o un ao outro.

Nun día que parecía igual que outro calquera, a calor propia do mes de agosto alagábao todo. O neno que agora xa era un mozo, cumpría os 14, do mesmo xeito que o carballo.

O espertador soou como todos os días ás oito, mais Raúl xa facía moito tempo que espertara. Con coidado puxo os seus tenis e sen facer ruído saíu ao xardín. E cando chegou onda súa árbore gritou alegremente:

–Felicidades!

A árbore moveu as súas follas provocando un agradable son. Era a súa forma de saudar, aínda que Raúl sempre pensara que era o vento o que producía ese movemento.

«Grazas e felicidades a ti tamén» –tentou dicir o carballo, pero igual ca todos os días non conseguiu falar.

O neno quedou contento igual, el sabía que a árbore non era quen de contestar, era algo imposible, pero gustáballe falar con ela, ás veces cría que a podía entender mellor ca ninguén.

Despois dunha longa conversa entre o neno e a árbore, os pais de Raúl saíron ao xardín na súa procura.

Como sempre atopárono baixo a sombra do carballo.

–Que maior é xa o noso neno –dixo a nai de Raúl con agarimo.

–E tamén o é o gran carballo –contestou o seu pai–. Felicidades aos dous.

O neno e a árbore déronlles as grazas aos seus pais aínda que ao carballo ninguén o escoitou.

–Imos. Dentro temos unha sorpresa agardando –falou a nai de Raúl.

El levantouse da suave e verde herba, camiñou á carón dos seus pais e pronto desapareceron detrás da porta principal da casa.

A árbore mentres tanto tentaba camiñar e seguir á súa familia mais as súas raíces negábanse a saír da terra.

O neno e os seus pais botaron moito tempo dentro da casa e a árbore preocupada, por se pasara algo, movía as súas ramas bruscamente.

Raúl e o carballo sempre pasaban os seus aniversarios xuntos e aquilo de atoparse só no medio do xardín resultáballe raro.

Pasaron as horas e o neno seguía dentro da casa, a calor cada vez ía a máis e o vento era moi forte. A árbore sen perder a esperanza de que o seu amigo volvese ao seu lado, agardou tranquilamente asexando de lonxe entre as cortinas que cubrían a ventá do salón.

A noite cubriuno todo e a árbore comezou a entender que hoxe non voltaría ver ó seu amigo. Entón de súpeto a luz da habitación de Raúl acendeuse e as cortinas que non deixaban mirar o interior abríronse do mesmo xeito que a xanela. Raúl asomouse e gritou ben forte para que a árbore escoitáseo:

–Sinto que non estivera contigo hoxe! –fixo unha pequena pausa para coller aire e poder berrar aínda máis forte–. Boas noites meu amigo!

O carballo moveu as ramas moi alegre, non se esquecera del –pensaba a árbore–, e aínda queríao como antes.

Cheo de pensamentos fermosos a árbore quedou durmida igual que Raúl.

A calma da noite non durou moito, foi interrompida por unha gran traxedia.

A árbore espertou e deuse conta de que o lume o invadira todo, as lapas vermellas queimaban ao resto das árbores que se atopaban no pequeno bosque veciño, pronto a calor e a cor vermella do lume acabaría con el e coa casa onde vivía a súa familia.

O carballo axitou as ramas moi forte lanzando landras contra o chan, mais era imposible avisar a Raúl e aos seus pais daquel gran desastre. Tentou moverse e andar cara á casa, abrir a ventá e avisar ao seu amigo mais era unha misión imposible. Nese intre maldixo ter que ser unha árbore.

As chamas xa entraran no xardín queimando a todas as plantas e flores, a árbore e a casa estaban rodeadas polo fume.

O carballo quedou inmóbil e rogou por un milagre. Xa podía sentir a calor das lapas nas súas follas, xa non se podía facer nada máis. Coas últimas forzas que lle quedaban comezou a mover as súas raíces entre a terra e pronto foi quen de liberarse do chan. Comezou a andar, torpe ao principio, pero cada vez con máis axilidade ata que chegou á carón da casa. Alí quedou quieto e volveuse a unir á terra, as súas ramas cubriron a casa e as follas verdes protexeron á súa familia das lapas. O lume pasou velozmente pola árbore queimándolle a cortiza e as follas máis novas, pero iso non foi nada con tal de protexer ao seu irmán e aos seus pais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *